A conservación do patrimonio natural do Parque mediante decisións de xestión adecuadas é un obxectivo prioritario. As actuacións que alí se realizan teñen como obxectivo preservar os seus valores naturais e os procesos que os sustentan. Calquera actuación a desenvolver terá que ser compatible coa súa permanencia.
Na execución das actuacións de conservación téñense en conta unha serie de principios e ímonos centrar en:
Aplicación dos mellores coñecementos dispoñibles e do principio de prevención.
Coordinación e colaboración coas Administracións presentes na zona do Parque.
Acción cunha mínima interferencia cara os procesos naturais.
Preservación da paisaxe, da calidade da auga e do aire.
Este é o traballo de todos e, por suposto, dos voluntarios do noso campamento de voluntariado. Pero sempre te invitaremos a que queiras saber máis… moito máis…
Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
O Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas de Galicia é o primeiro e único espazo con esta categoría na comunidade autónoma galega e a segunda no estado español de carácter marítimo-terrestre, xunto co arquipélago de Cabrera nas Illas Baleares.
Estas illas foron declaradas Parque Nacional en 2002 como un dos mellores exemplos dos ecosistemas do fondo e costa atlántica española.
O Parque Nacional comprende os arquipélagos de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes e o espazo marítimo que os rodea, esta franxa mariña constitúe o 86% da superficie total protexida, o que nos dá unha idea clara da importancia do medio mariño en Galicia. este espazo protexido.
Nas súas augas podemos atopar diversos tipos de fondos que albergan ecosistemas de gran valor, pero susceptibles de ser alterados e destruídos se non se regulan adecuadamente as actividades que se desenvolven neste espazo marítimo, como a navegación, o fondeo de embarcacións ou o mergullo.
Tamén se regulan as actividades humanas en terra, entre elas a acampada nas illas.
Lembra...
Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
Acampar fóra dos lugares destinados para tal fin.
Tirar ou depositar calquera tipo de lixo ou residuos sólidos ou líquidos.
Áreas de acceso marcadas como non accesibles ao público.
Molestar, ferir, capturar ou matar animais salvaxes.
Realizar calquera actividade que destrúa, deteriore ou perturbe os elementos
espazos naturais únicos da zona.
Arrancar, cortar ou danar a vexetación.
Utiliza megáfonos, ruídos ou altofalantes que poidan perturbar a tranquilidade natural do lugar.
Introducir especies animais ou vexetais alóctonas.
O voo de “drones”, cometas ou calquera outro tipo de aparellos voadores sen a autorización expresa do Parque Nacional.