Axenda 2030

CIES 2021 COIDA O PLANETA

Todo o que poidamos facer será pouco, todo o que poidamos aportar será moito… Queremos que desde Cíes se escoite a voz da xuventude e a súa implicación.

O 25 de setembro de 2015, 193 países se comprometeron con 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable das Nacións Unidas para o seu cumprimento para o ano 2030. Os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) persiguen a igualdade entre as personas, protexer o planeta e asegurar a prosperidade como parte da nova axenda.

OBXECTIVOS

  • Adecuar as actividades do campo de voluntariado á temática principal creando unha transversalidade.
  • Implicar ao Parque Nacional no desenvolvemento da actividade relacionada co cambio climático creando un punto de reflexión.
  • Identificar e levar ao ámbito local os ODS máis representativos sobre os que os voluntarios e voluntarias poden traballar.

OS ODS NO CAMPO DE VOLUNTARIADO DAS ILLAS CIES

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia é sen lugar a dúbida un des espazos naturais protexidos máis importantes do sur de Europa e por iso ten que ser pioneiro no eido da educación non formal da mocidade; dende hai moitos anos leva poñendo o seu empeño en que se desenvolva o Campo de Voluntariado e confire así a única actividade educativa que no verán, de xeito continuado, se desenvolve no Parque.

Para o Campo de Voluntariado era importante centrarse en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e tras de varias reunións decidimos xunto cos voluntarios de voluntarias estes catro que se traballaron cada un nunha quenda diferente. As súas recomendacións son prácticas e sinceiras e fanas dende o amor que lle teñen ao Parque Nacional e o apego que consiguen ao estar durante doce días compartindo vivencias neste espazo natural.

OBXECTIVO 12

OBXECTIVO 13

OBXECTIVO 14

OBXECTIVO 15

METODOLOXÍA

A metodoloxía utilizada foi diseñada pola Universidade de Nantes a través da Ville Durable de L’École de Design Nantes-Atlantique (Francia), a Universiade do Sur do Reino Unido Plymouth College of Art e da Escola de Educación non Reglada da Lug Open Factory. Esta metodoloxía baséase en dinámicas de Design Thkinking con implicación activa de todos os mozos e mozas que fan que todas e todos fagan as súas aportacións a través de prototipos de ideas e proxectos que implican non só a actores locais senón que crean debate para tentar chegar a recomendacións prácticas e realistas.

DESCUBRE

Xogo de mesa de ideación, localización e focalización.

EXPLORA

Cada ODS e formula os retos do Campo de Voluntariado.

RESOLVE

Deseña prototipos sostibles e solucións realistas.

APRENDE

Utilizando ferramentas de comunicación para ter retorno.